Registrate (paso 1 de 3)
Email :
Contraseña :
Repite contraseña :
Continuar
Inicia tu sesión
Usuario
Contraseña
Acceder
¿Olvidaste tu contraseña?
Buscar

16/07/2007

Lalín ficha a Iván Parada, portero del Deportivo B



O presidente do C.D. Lalin, Amandio De Bessa, anunciou onte a segunda fichaxe do seu proxecto deportivo 2007/2008. O seu nome, Iván Parada, porteiro procedente do Deportivo B, no que fací­a as labores de suplente de Fabricio, e vello coñecido da afección roxinegra. E é que este é o mesmo Iván Parada que en febreiro do 2003 viñera a suplir a baixa de Ramón Zafra trala efí­mera fichaxe deste último polo Logroñés.

Daquela Iván Parada era un prometedor cancerbeiro pontevedrés formado na canteira do equipo do seu pobo, que o cedeu durante varias tempadas en diversos clubs, como o propio C.D. Lalí­n ou o Portonovo. Ourense, o propio Pontevedra e a Cultural Leonesa completan o currí­culum deportivo dun futbolista que regresa ao Cortizo con 23 anos tras xogar sete partidos a pasada tempada.

Os problemas para a fichaxe de Iván Campos, porteiro do Negreira, abrí­ronlle a Parada as portas do C.D. Lalí­n, onde lle agarda en principio o posto de primeiro gardameta, co canteirán Iván competindo por desbancalo.

A directiva do C.D. Lalí­n ten previsto presentar esta tarde, ás 2, a Iván Parada na sé do club. Coa súa fichaxe o conxunto roxinegro eleva a 14 o número de efectivos dispoñibles. Os 12 renovados máis as incorporacións de David Soares e o cancerbeiro, á espera aí­nda de resolverse o futuro de Cea e de Luis Carlos, que hoxe rematan contrato.

Fuente : Voz de Galicia

Quizás tambien te interesen estas noticias :
Juan Carlos, canterano del Deportivo, se marcha cedido a la SD Huesca
Juan Domínguez va desapareciendo del primer equipo del Deportivo
El Celta B se lleva el derbi ante el filial del Deportivo
Oliveira y Roderick buscan hacerse sitio cedidos en el Deportivo


Enviar comentario (255 carácteres libres)


¿Quienes somos?     |     Contactar con nosotros     |     Politica de privacidad     |     Aviso legal     |     Publicidad     |     Patrocinadores     |     Contenidos gratis
Football trials    |    Jóvenes promesas    |    FC Barcelona trials    |    Fichajes de futbol    |    Reformas en Sabadell    |    Real Madrid trials    |    Football trials in Spain
Videojuegos    |    Campus de basket    |    + enlaces de interés